Panxoliña

A todos os que visitades o noso blogue, 
o alumnado de 4º EP queremos desexarvos
Bo Nadal ! 

O noso xornal

Convertidos en "xornalistas" lanzámonos a crear o noso propio xornal. Nel escribimos noticias sobre cousas interesantes que ocorren ao noso arredor.




Mellor en galego!

-->
Cada semana, promovido dende o Equipo de Normalización Lingüística estudamos unha desas “palabras máxicas” que temos na nosa lingua. Xa levamos unhas cantas!

Flora de Galicia



Durante o mes de novembro estivemos estudando a flora de Galicia. Cada un de nós elixiu unha árbore ou un arbusto. Recabamos información e elaboramos un traballo.

FAUNA DE GALICIA

O primeiro Proxecto que fixemos este curso, o alumnado de 4º de Primaria, trata sobre a fauna de Galicia. Cada un de nós elixiu un animal, buscamos información en internet, e elaboramos un traballo.  Quedounos moi chulo!

COMEZAMOS

Como todos os anos, en setembro, comezamos un novo curso cheos de ilusións e proxectos que queremos compartir convosco.

Celebracións


Durante este curso tamén fixemos festas e tivemos celebracións. 
Aquí tedes un vídeo que queremos compartir convosco.

E con isto rematamos !

Felices vacacións a tod@s  !


As titoras:
Julia Martínez Arranz - 4ºA
Pilar González Mato - 4º B

Receitario


Queremos rematar o curso cun bo sabor de boca e para iso fixemos unha recompilación de receitas caseiras de postres, seleccionadas entre as que máis nos gustán das que nos preparan as nosas nais. Se queredes degustalas pasádevos pola nosa clase o mércores día 20 entre as once e as doce da mañá.  

Estades convidados á nosa festa de fin de curso!


Bye-bye, Julio

A semana pasada despedímonos de Julio, o lector de inglés.  Ao longo do curso xa nos contara moitas cousas e para coñecelo mellor, preparamos unha entrevista que lle fixemos o último día.

As nosas mascotas son moi especiais

As nosas mascotas son moi especiais e queremos que as coñezades. 






Galicia física e política

Non vos esquezades de estudar Galicia! Que é a nosa Comunidade!

España física


Aquí tedes enlaces para estudar os ríos, o relevo, as costas... de España

España política

Aquí tedes uns mapas interactivos para estudar as Comunidades autónomas e as provincias de España.


Cousas da nosa vila

Despois de recompilar información sobre a nosa vila, cada un de nós conta como é o lugar onde vive, as festas que se celebran ...



A miña vila é moi bonita -As festas da miña vila

Cacarabín, cacarabón


Durante o segundo trimestre tivemos como libro de lectura obrigatoria “Cacarabín, cacarabón” de Antonio García Teijeiro. Lemos os poemas do libro, recitámolos, e despois versionámolos, respectando a rima dos poemas orixinais.

Foi super divertido! Encantounos o libro e disfrutamos moito creando os nosos propios poemas.

_______________________________

Rochas e minerais

Trouxemos á aula mostras de minerais e rochas do laboratorio de Ciencias e observamos a súa cor, dureza, textura e investigamos en Internet o seu uso na vida cotiá. Cada un de nós elaborou un traballo coa información recadada que mostramos a continuación. 



Se queres ver máis traballos pincha aquí



Compostaxe

Esta semana estivemos facendo compostaxe coa axuda dun grupo de alumnas e alumnos de Secundaria.

O primeiro que nos explicou o profe Camilo, é que o lixo non morde. Armámonos de guantes de plástico e clasificamos selectivamente o lixo recollido.  Quedámonos cos residuos orgánicos e botamos no composteiro os máis idóneos para facer a compostaxe.

Dentro duns meses teremos abono!. 





Retratos


Na clase de Plástica en inglés (Sección Bilingüe), os alumnos de 4º EP, traballaron durante o mes de febreiro os estilos de pintura: puntillismo e cubismo. 

Aprenderon feitos importantes das vidas persoais e profesionais, de dous dos seus máis destacados representantes: George Seurat do puntillismo e Pablo Picasso do cubismo.

Empregaron distintas técnicas como témpera, ceras y lapis de cores, para facer debuxos imitando outros, destes grandes artistas. 
 
A continuación, presentamos parte deste traballo.

  Enlace aos traballos dos alumnos

Materiais empregados




English

Neste enlace tedes un blog con moitos recursos para estudar e practicar inglés.

Unha viaxe pola Historia

Durante o mes de xaneiro estivemos viaxando pola Historia. A nosa viaxe comezou comendo froitos silvestres nas covas que habitaban os homes prehistóricos. Saltamos na liña do tempo á época romana e admiramos as súas construcións. Vivimos nos castelos medievais, antes de viaxar con Cristobal Colón cara a América, de onde voltamos cos barcos cargados de ouro, prata, patacas, especies... Asistimos á invención da imprenta, con todo o que supuxo á hora de copiar libros. Subimos aos primeiros trens e barcos a vapor. Terminamos a nosa viaxe coa invención da bombilla, vendo a televisión... 

Foi unha viaxe realmente apaixonante! 

 Enlace ao álbum de fotos

Museo de Pontevedra

Hoxe visitamos o Museo de Pontevedra. Alí vimos pezas do Paleolítico e do Neolítico; xoias de ouro moi antigas...

Tamén nos chamou a atención a maqueta do barco vikingo; a replica da carabela na que viaxou Colón a América; estivemos na popa da fragata Numancia, na que navegou Méndez Núñez.
E moitas cousas máis! 

Despois de visitar o Museo, fixemos un percorrido pola cidade de Pontevedra. Estivemos na Praza da Leña, na Ferrería, na da Verdura. Visitamos ao loro Rabachol; fomos ver a casa do pirata Benito; vimos o santo con gafas da fachada de Santa María; e a guía contounos un montón de anécdotas da historia da cidade de Pontevedra. 

Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas!


O Entroido

No Entroido disfrazámonos de "Os Picapedra" os personaxes máis divertidos da "Prehistoria".  Non nos puido acompañar a nosa profe Pilar, pero axudáronnos cos disfraces a profe Julia, o profe Andrés, o profe Pascual e a profe Luisa. 
Grazas Profes!


 

Día da paz

Para o Día da Paz fixemos unhas rosas brancas como símbolo da PAZ. Tamén buscamos lemas de internet e eliximos un co que nos sentimos identificados.