PROXECTO: ALIMENTACIÓN EQUILIBRADA E HÁBITOS SAUDABLES

Durante o segundo trimestre estivemos traballando sobre a alimentación e os hábitos saudables.

Estudamos os tipos de nutrientes; as vitaminas e os minerais que nos aportan os alimentos e os problemas que provocan as súas carencias.

Fixemos lecturas variadas sobre este tema. 

Finalmente con todo o aprendido elaboramos un “menú equilibrado”.

Cada un de nós elaborou un dosier con todos os traballos realizados.

Deixamos aquí unha pequena mostra dos mesmos.



Tamén traballamos o tema en Inglés.


Entre as diversas lecturas que fixemos sobre esta temática temos un artigo da Voz de Galicia que nos fala da importancia do almorzo.


Ou este decálogo para unha alimentación sana e uns hábitos saudables.


Tamén visionamos e charlamos sobre a presentación que fixo o fotógrafo Peter Menzel que decidiu viaxar polo mundo e fotografar 30 familias de 24 países diferentes.

A idea era fotografar ás familias xunto coa comida que consumirían esa semana, ademais de tomar nota do gasto por cada unha das familias.

Sorprenden moito as diferencias entre uns países e outros.


E por último, traballamos o tema en Educación Física, tendo en conta que o deporte é un hábito saudable imprescindible na vida diaria.

A VIDA NA ÉPOCA MEDIEVAL

Tempo de Castelos e vasalos, de grandes torneos e trovadores. Para aprender cousas sobre a Idade Media pinchade sobre a imaxe.