BO NADAL


FESTIVAL DE NADAL

O día 21 foi moi intenso. Primeiro veu Papa Noel con Golfiño a nosa mascota da Biblioteca, a recoller as cartas e a traernos caramelos.  Despedímonos del cantando panxoliñas.

Despois fomos ao festival.


Pasámolo moi ben!!




PROXECTO "OS SERES VIVOS"

Durante os meses de outubro e novembro estivemos estudando os seres vivos.

Elaboramos traballos sobre as súas características; clasificamos o reino animal; fixemos herbarios; saímos ao río a observar as árbores e as plantas; asistimos a unha actividade de pesca eléctrica; visionamos vídeos sobre o tema; lemos libros.... e moitas cousas máis.


O máis importante foi que o pasamos ben, e aprendemos moitísimas cousas!


Comezamos estudando as características dos seres vivos.


 http://issuu.com/terceiroep/docs/os_animais

Continuamos clasificando o reino animal.


A continación estudamos as plantas.


Para elaborar todo isto tivemos que traballar un montón!


PROXECTO RÍOS 
Despois de estudar as características das plantas e dos animais saímos a observalos en plena natureza.  Percorremos o río Santo Tomé para observar as árbores e as plantas.



Recollemos follas e elaboramos un herbario.


 Outro día fomos ao río Santomé, para asistir a unha actividade de "pesca eléctrica". Un equipo de Medio Ambiente colleron peixes no río, medímolos, pesámolos, observámolos...


Recollemos datos nunha táboa sobre os peixes.




Ata saímos no periódico!


Logo elaboramos textos expositivos sobre animais de río.


Tamén visionamos vídeos sobre o tema.
pilar plantas
Actividades para traballar
as plantas
as plantas II
Actividades para completar
Plantas_3
Plantas_4 Plantas_5


PREPARANDO O FESTIVAL DE NADAL

Xa se acerca o Nadal e coa axuda do profe Raul estamos a preparar o festival.



Clica sobre a imaxe para escoitar as cancións.