Hoxe visitamos o Museo de Pontevedra. Alí vimos pezas do Paleolítico e do Neolítico; xoias de ouro moi antigas...
Tamén nos chamou a atención a maqueta do barco vikingo; a replica da carabela na que viaxou Colón a América; estivemos na popa da fragata Numancia, na que navegou Méndez Núñez.
E moitas cousas máis!
Despois de visitar o Museo, fixemos un percorrido pola cidade de Pontevedra. Estivemos na Praza da Leña, na Ferrería, na da Verdura. Visitamos ao loro Rabachol; fomos ver a casa do pirata Benito; vimos o santo con gafas da fachada de Santa María; e a guía contounos un montón de anécdotas da historia da cidade de Pontevedra.