Cacarabín, cacarabón


Durante o segundo trimestre tivemos como libro de lectura obrigatoria “Cacarabín, cacarabón” de Antonio García Teijeiro. Lemos os poemas do libro, recitámolos, e despois versionámolos, respectando a rima dos poemas orixinais.

Foi super divertido! Encantounos o libro e disfrutamos moito creando os nosos propios poemas.

_______________________________

Rochas e minerais

Trouxemos á aula mostras de minerais e rochas do laboratorio de Ciencias e observamos a súa cor, dureza, textura e investigamos en Internet o seu uso na vida cotiá. Cada un de nós elaborou un traballo coa información recadada que mostramos a continuación. 



Se queres ver máis traballos pincha aquí



Compostaxe

Esta semana estivemos facendo compostaxe coa axuda dun grupo de alumnas e alumnos de Secundaria.

O primeiro que nos explicou o profe Camilo, é que o lixo non morde. Armámonos de guantes de plástico e clasificamos selectivamente o lixo recollido.  Quedámonos cos residuos orgánicos e botamos no composteiro os máis idóneos para facer a compostaxe.

Dentro duns meses teremos abono!. 





Retratos


Na clase de Plástica en inglés (Sección Bilingüe), os alumnos de 4º EP, traballaron durante o mes de febreiro os estilos de pintura: puntillismo e cubismo. 

Aprenderon feitos importantes das vidas persoais e profesionais, de dous dos seus máis destacados representantes: George Seurat do puntillismo e Pablo Picasso do cubismo.

Empregaron distintas técnicas como témpera, ceras y lapis de cores, para facer debuxos imitando outros, destes grandes artistas. 
 
A continuación, presentamos parte deste traballo.

  Enlace aos traballos dos alumnos

Materiais empregados




English

Neste enlace tedes un blog con moitos recursos para estudar e practicar inglés.

Unha viaxe pola Historia

Durante o mes de xaneiro estivemos viaxando pola Historia. A nosa viaxe comezou comendo froitos silvestres nas covas que habitaban os homes prehistóricos. Saltamos na liña do tempo á época romana e admiramos as súas construcións. Vivimos nos castelos medievais, antes de viaxar con Cristobal Colón cara a América, de onde voltamos cos barcos cargados de ouro, prata, patacas, especies... Asistimos á invención da imprenta, con todo o que supuxo á hora de copiar libros. Subimos aos primeiros trens e barcos a vapor. Terminamos a nosa viaxe coa invención da bombilla, vendo a televisión... 

Foi unha viaxe realmente apaixonante! 

 Enlace ao álbum de fotos