Marchemos alegres

Aquí estamos todos no festival de Nadal cantando a panxoliña "marchemos alegres". 





UN NADAL DE CONTO

A todos os que visitades o noso blog, os alumn@s de 3º queremos desexarvos


20 DE NOVEMBRO: DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS


Durante a segunda quincena de novembro estivemos traballando sobre os dereitos dos nenos. Lemos moitos contos que falan deste tema. Cada aula traballou sobre un dos dez dereitos, e a nós tocounos "O dereito á educación". Entre todos investigamos sobre como son as escolas nos distintos países. Decatámonos de que non todos os nenos teñen colexios tan chulos coma o noso e entre todos elaboramos un mural que titulamos "Escolas do mundo"


Os animais

Agora toca estudar os animais. Déixovos aquí un enlace para que poidades aprender cousas sobre os animais vertebrados.
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1290762331/contido/index.html

Taller de escritura: Samaín

En Samaín botamos a voar a nosa imaxinación e fixemos feitizos. Tede coidado cando os leades. Non nos responsabilizamos das consecuencias se os poñedes en práctica.

http://www.edu.xunta.es/centros/cfrpontevedra/aulavirtual/file.php/280/Pilar/samain/index.html

Para ser un bo lector ou lectora.

O desexo de ler é unha emoción que se inicia coa familia. Na casa pódense facer moitísimas cousas para fomentar a lectura. Aquí van algunhas propostas.


Comezamos un novo curso

Coma todos os anos por estas datas repetimos o comezo dun novo curso coa ilusión e as ganas de chegar a bo porto na compaña das nenas e nenos coas que compartiremos os vindeiros nove meses.

Este ano comezamos tamén un novo Ciclo e gardaremos neste caderno de bitácora aquelo que fagamos entre o equipo do profesorado e os nenos e nenas que nos acompañan nesta singladura.

Como xa dicía Tucídides no 460 a. C.
 "A historia é un incesante volver a empezar"



                                                            Vamos alá!!!

AS FESTAS DA NOSA PARROQUIA

Aquí describimos como celebramos as festas na nosa parroquia.


A NOSA VILA

Nesta redacción tivemos que falar da nosa vila. Se as ledes, descubriredes que é un magnífico lugar para vivir e nós estamos encantados de vivir nela.


TOTEMS


Os alumnos de cuarto nivel de educación primaria traballaron, durante o curso escolar 2012-2013, diversas técnicas de debuxo e pintura na clase de plástica en inglés (Sección Bilingüe). Entre elas atopábase o emprego de témpera na decoración de distintos obxectos. No mes de maio desenvolvimos un proxecto sobre totems: que son, que simbolizan, onde están localizados, ...

A continuación, presentamos fotos que ilustran este traballo.






Taller de escritura: "As nosas mascotas"

Cada semana traballamos no "taller de escritura" no que escribimos sobre distintos temas. Unha das redaccións que máis nos gustou facer foi sobre as nosas mascotas. Por iso a queremos compartir convosco.



Estudamos xeografía


Galicia física e política

Rochas e minerais

Durante o mes de marzo estivemos estudando as rochas e os minerais. Fomos ao laboratorio e observamos a cor, a dureza, o brillo... de distintos minerais e rochas.
Buscamos información en internet e elaboramos un traballo. 




Una mano en la piedra


Durante o segundo trimestre tivemos como lectura obrigatoria “Una mano en la piedra” de Ana Alonso.
Ana Alonso, madrileña, é autora de numerosos libros de literatura infantil e xuvenil. Posúe numerosos premios literarios.
Una mano en la piedra” danos unha visión da vida prehistórica, a través das vivencias de Clara, a protagonista da historia.

Encantounos este libro e recomendámosvos a todos que o leades!



Encontro con Ana Alonso

O día 22 de marzo visitounos a autora madrileña Ana Alonso.
Ao longo do segundo trimestre estivemos lendo unha obra súa: "Una mano en la piedra". Realizamos traballos e fixemos unha exposición na Aula de Cultura onde tivo lugar o encontro.
Disfrutamos moito coa lectura deste libro!

Visita ao río de Santo Tomé

Os alumnos de 4º acompañados das titoras e do profe Camilo fixemos o martes 20 unha saída ao regato de Sto Tomé. Foi a primeira dunha serie de vistas que faremos dentro das actividades programadas no Proxecto Ríos,  no que o noso Centro participa este curso.
Os principais obxectivos deste proxecto son : coñecer en maior profundidade os ecosistemas do noso Concello ( ríos, bosques, etc.), aprender a realizar investigacións no medio natural e concienciarnos dos valores ambientais destes ecosistemas.

Mais fotos en Picasa

Visita ao Museo de Pontevedra e cidade monumental

Chegamos ao Museo sobre as 10 h desta fría e soleada mañá de febreiro. Paula Tilve estábanos agardando para guiarnos polos diferentes recunchos do Museo. Comezamos retrocedendo ata a Prehistoria: ferramentas de pedra, pezas de cerámica, como empezaron a traballar os metais, os monumentos funerarios... Aprendemos que a cultura castrexa deixou moitas pegadas en Galicia. As xoias de ouro da época romana deixáronnos abraiados. Na reprodución da fragata de Méndez Núñez sentímonos auténticos mariños do S. XIX. Co enorme cadro de Carlos III descubrimos o misterio da perspectiva do seu pé. A cociña tradicional galega axudounos a entender como era a vida doméstica dos nosos antepasados. Pasámolo moi ben, aprendemos un montón e, sobre todo, descubrimos o importante que é coñecer o pasado para entender o presente. Despois da merenda e dun rato de xogo coas pombas baixo un ceo azul e un sol que xa botabamos en falta , reunímonos con Raquel, a guía do Concello, na fermosa praza da Ferrería. Alí comezamos o noso percorrido pola zona vella de Pontevedra. A historia do loro Ravachol, a igrexa da Peregrina, o antigo Hospital, a casa máis antiga da cidade, o monumento aos heroes de Pontesampaio, a basílica de Santa María e as diferentes prazas onde antigamente se ubicaban os diferentes gremios e vendedores: praza da leña, do Teucro, da verdura.

Foi un percorrido apaixonante co que rematamos o proxecto de Historia! 

Viaxando pola historia

Durante o mes de xaneiro e parte do mes de febreiro estivemos viaxando pola Historia.
Trouxemos á Aula libros da Biblioteca do Colexio e lemos sobre a vida dos homes prehistóricos, sobre os romanos, a romanización de Galicia, os viquingos, os exipcios, os castelos da Idade Media, o descubrimento de América, a invención da imprenta, a revolución industrial, os grandes descubrimentos e avances da Idade Contemporánea... e moitísimas cousas máis.
Tamén  investigamos sobre estes temas na Aula de Informática e vimos vídeos.
Con toda esta información, elaboramos un traballo que expoñemos a continuación.

Foi unha viaxe apaixonante na que aprendemos moito do pasado; iso axudaranos a comprender mellor o presente!
preme nes ta foto para ver todas as demais

ROCHAS E MINERAIS

Déixovos aquí un enlace para aprender cousas sobre as rochas, os minerais e os volcáns.

Enlace á Agrega

O ENTROIDO

No Entroido disfrazámonos de romanos e pasámolo moi ben.


No corazón do bosque

Durante o primeiro trimestre o alumnado de 4º EP, tivemos como lectura obrigatoria No corazón do bosque de Agustín Fernández Paz.

Agustín Fernández Paz é un dos referentes máis importantes na literatura galega infantil e xuvenil. É autor de numerosos libros escritos en galego. No ano 2007 gañou o premio Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil coa obra O único que queda é o amor

Descubrimento de América

Queredes seguir acompañándome nesta viaxe?

Hoxe propóñovos subir á carabela Santa María, e acompañar a Cristóbal Colón a descubrir América.

Que disfrutedes da viaxe!



Aqui tedes máis enlaces para aprender máis cousas sobre o descubrimento de América.




A invención da Imprenta

A invención da imprenta foi moi importante e marcou o inicio dunha nova etapa histórica. Sabes quen inventou a imprenta e todo o que supuxo este invento?

Cova de Altamira

A que viaxar pola Historia resulta apaixonante?.

Hoxe invítovos a coñecer a Cova de Altamira, escenario do libro que estamos a ler "Una mano en la piedra". Para que poidades situar mellor a historia de Clara mirade este vídeo.

Idade Media

Tempo de Castelos e vasalos, de grandes torneos e trovadores. Para aprender cousas sobre a Idade Media pinchade sobre a imaxe.

Idade Antiga. Roma

Aquí tedes un enlace para aprender como vivían os romanos.

Alimentación equilibrada

Durante o mes de novembro os nenos e nenas de 4º de primaria estivemos traballando sobre a alimentación. Buscamos información en internet, nos libros da biblioteca ...
Elaboramos unha pirámide de alimentación, unha clasificación dos alimentos segundo a súa orixe e función; investigamos que nutrientes e calorías nos aportan os alimentos...

  
 Tamén estudamos os alimentos en inglés.