FELIZ NADAL


AS FESTAS DA MIÑA LOCALIDADE

Dentro do proxecto "A miña localidade" non podía faltar un apartado adicado ás nosas festas. Como podedes ver se ledes as nosas redaccións, en Meis somos moi festeiros!



       

ESTUDO DE POBOACIÓN

Dentro do proxecto "A miña localidade", fixemos un estudo da poboación de Meis dos últimos sete anos. Pedímoslle ao concello os datos e representámolos nunha gráfica.






A NOSA LOCALIDADE


Seguindo co proxecto "A miña localidade", a semana pasada, Don Mario Gallego, autor de varios libros sobre Meis, veu ao Colexio darnos unha charla.
Falounos sobre aspectos xeográficos, demográficos, históricos, culturais... da nosa localidade.

Recollemos toda esta información nun pequeno dosier que vos mostramos a continuación.

http://issuu.com/cuartoepmosteiromeis/docs/localidade4b/0
http://issuu.com/cuartoepmosteiromeis/docs/localidade4a/0 







Aprendemos moitas cousas do lugar onde vivimos!


VISITA AO CONCELLO

Imos rematando o proxecto "A miña localidade" e unha das actividades que máis nos gustou foi visitar o Concello de Meis. Escribimos unha carta solicitando unha visita e o alcalde, Xose Luis Pérez Esteve, tivo a ben recibirnos hoxe no Salón de Plenos do Concello para explicarnos o funcionamento da nosa localidade a través do traballo diario do alcalde e os concelleiros. Respondeu amablemente a cantas preguntas lle fixemos e regalounos uns folletos e un escudo precioso de Meis. 




Eleccións presidenciais de 4º


Dentro do proxecto "A miña localidade" fixemos unhas eleccións para presidente/a de 4º moi reais.
Tivemos catro candidatos/as, propostas de mellora no cole, mitins, campaña electoral con carteis, mesa electoral, votación, reconto e a gran proclamación do gañador. Aprendemos moitísimas cousas dun xeito divertido.








 Así foinos moi doado comprender como se desenvolve un proceso electoral!


Os medos do pasado

Para o Samaín, cada un de nós preguntámoslle aos nosos pais a que lle tiña medo de pequenos...
Descubrimos que lle tiñan medo ao: home do saco, o sacauntos....

 Con eses medos elaboramos un traballo na Aula que vos mostramos a continuación.

http://issuu.com/cuartoepmosteiromeis/docs/os_medos_do_pasado/0

Samain

O día de Samaín traballamos o conto musicado de "Corre corre cabaciña" e cantamos a canción.



E despois fomos á festa do Samaín

http://www.youtube.com/watch?v=wVNigIJP9As#t=86


DÍA DA BIBLIOTECA

Para celebrar o Día da Biblioteca, cada un de nós elixiu un conto, preparámolo na Aula e saímos ao patio a lerllo, por parellas, aos nenos de 2º. Foi unha actividade da que disfrutamos moito.

Esperamos poder repetila máis veces


https://plus.google.com/photos/115124456528651056475/albums/6076726696267080897

TRABALLAMOS A LOCALIDADE


Para saber o que é  unha localidade e como funciona mira este vídeo


http://goo.gl/5ww1cY

TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS


Escoita o conto "O monstro de cores" e aprende a distinguir as túas emocións.



COMEZAMOS


Comenzamos 4º! Este curso temos moitos cambios: nenos e nenas que marcharon do cole, novos compañeiros nas dúas clases...

Para coñecernos un pouco mellor o primeiro dia fixemos unha dinámica grupal moi sinxela pero tan divertida que mirade as nosas caras durante o xogo. “Xuntade as vosas mans de cinco en cinco”, “cabezas unidas de sete en sete”... tocámonos, rimos, pensamos, buscamos solucións entre todos... e empezamos a sentirnos un pequeno gran grupo. 


 

PROXECTO RÍOS: ÁRBORES DE RIBEIRA

Durante o 2º trimestre deste curso e parte do 3º, estivemos investigando sobre as árbores de ribeira.

Cada semana acudimos á Aula de Informática para investigar sobre unha árbore. Logo, despois de facer unha posta en común, sobre a información recadada, elaboramos fichas de cada árbore, centrándonos nos seguintes aspectos: copa, tronco, follas, flores, froito, utilización da súa madeira, interese das árbores para outras fins, hábitat...

Foi un traballo intenso, no que aprendemos moito sobre as árbores de río, pero sobre todo aprendemos a buscar información, seleccionala, estruturala, organizala e expoñela.

http://issuu.com/terceiroep/docs/presentacion


Para completar a nosa investigación no mes de maio fixemos un percorrido polo río Santo Tomé para observar na propia natureza, todo o que estudamos sobre as árbores.


https://plus.google.com/photos/101478482319664255113/albums/6017309211204977489

E aquí rematamos o noso traballo sobre o Proxecto Ríos!

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

A semana do "Día do libro" estivemos moi ocupados.

O martes asistimos a un contacontos "La princesa de labios de fresa", na Aula de Cultura.


Foi moi divertido!

O mércores, os encargados de Biblioteca entregáronmos un diploma e premios por ler moito e ter a nosa Biblioteca de Aula, moi ben organizada.


O xoves asistimos o contacontos "Nastrudín", que fixeron os alumnos de 6º na Biblioteca.
O venres fomos nós os que contamos o conto "Frederick" de Leo Leoni, coa técnica do Kamishibai. Contámosllo os alumnos de 1º, 2º e 6º.



Gustoulles moitísimo!

21 DE MARZO: DÍA DA ÁRBORE

Para conmemorar o "DÍA DA ÁRBORE", coa axuda do profe Camilo, estivemos plantando árbores no patio do Colexio.

Así, cando nos vaiamos do Cole, seguirán aquí as árbores que nos plantamos!



HOMENAXE ÁS AVOAS


O día 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller Traballadora.
Este ano nós quixemos adicar este día ás nosas avoas, que ben seguro teñen traballado moito ao longo da súa vida. 
Preparamos unha entrevista que lle fixemos ás nosas avoas, e así soubemos: cousas sobre a súa infancia, como era a súa escola, a que xogaban de pequenas, cal foi o seu primeiro traballo, a que anos comezaron a traballar...








Grazas avoas pola vosa colaboración!