VISITA AO CONCELLO

Imos rematando o proxecto "A miña localidade" e unha das actividades que máis nos gustou foi visitar o Concello de Meis. Escribimos unha carta solicitando unha visita e o alcalde, Xose Luis Pérez Esteve, tivo a ben recibirnos hoxe no Salón de Plenos do Concello para explicarnos o funcionamento da nosa localidade a través do traballo diario do alcalde e os concelleiros. Respondeu amablemente a cantas preguntas lle fixemos e regalounos uns folletos e un escudo precioso de Meis.