BO NADAL

Con dúas postais elaboradas por nós, e unha foto da nosa festa queremos desexarvos a todos un

FELIZ NADAL!


Felicitación de 3ºBFelicitación de 3º A


FESTIVAL DE NADAL

Para o festival de Nadal traballamos arreo.

Primeiro compuxemos rimas para cantarlle ás "Doce uvas da sorte". 


Despois coa axuda do profe Gonzalo, puxémoslle música e ensaiamos un montón!!!




E por fin chegou o día do festival!


Estabamos impacientes por subir ao escenario!


E por suposto, cando subimos démolo TODO!!!




AS PLANTAS

Durante o primeiro trimestre estivemos estudando as plantas e as árbores. 

Cada un de nós  elaborou un pequeno dossier que expoñemos a continuación.


Despois recollemos follas de "árbores autóctonas" e coa axuda do profe Camilo clasificámolas e fixemos unha exposición.



ESTUDAMOS OS ANIMAIS

Durante o primeiro trimestre estivemos estudando os animais. Cada un de nós elaborou un pequeno dossier con todos os traballos realizados. Deixamos aquí unha pequena mostra.

APRENDEMOS EDUCACIÓN VIAL

  

TRABALLAMOS A LOCALIDADE


Para saber o que é  unha localidade e como funciona mira este vídeo


http://goo.gl/5ww1cY

A MIÑA MASCOTA

Todos temos unha mascota a que queremos moito e nos fai compañia.


Queredes saber como son as nosas mascotas?

CELEBRAMOS O MAGOSTO


Se queredes saber a que xogos xogamos mirade este traballo que elaboramos entre todos.

AS PLANTAS

pilar plantas
Actividades para traballar
as plantas
as plantas II
Actividades para completar
Plantas_3
Plantas_4 Plantas_5


VISITA DE SOLEDAD FELLOZA

Divertida, orixinal, cariñosa, imaxinativa, fascinante....

Todos os adxetivos quédanse curtos para describir a Sole, a Soledad Felloza, que hoxe nos visitou no cole.

Nós fixemos a nosa representación musicada co kamishibai da súa obra "A cociñeira do rei" e ela regalounos uns minutos do seu tempo para compartir vivenzas, opinións, contos de medo... E ata nos fixo un biscoito co seu ingrediente especial...


Moitas grazas por facernos voar por riba de bosques e prados.


AS PLANTAS

Agora toca estudar as plantas. Para saber máis mira este vídeo


ENCONTRO CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO


O martes 12 de maio visitounos Antonio García Teijeiro. O seu libro "Cacarabín cacarabón" foi a excusa perfecta para traballar a linguaxe poética: rimas, temáticas, musicalidade, versos, estrofas...
Cada un de nós versionou un dos poemas do libro, que expuxemos en varios paneis ilustrados. Ademáis traballamos a expresión oral co recitado dos poemas para unha grabación que se expuxo durante a visita do autor.


ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS

Agora toca estudar os animais. Para saber máis sobre os animais vertebrados e invertebrados pincha nas imaxes.

InvertebradosVertebrados

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS



Para conmemorar o día do Libro dramatizamos un conto precioso “A cociñeira do rei”, de Soledad Felloza, utilizando a técnica do kamishibai.

Foi unha experiencia moi positiva posto que todos colaboramos dalgunha maneira na posta en escena: repartimos os personaxes despois de facer un casting, acompañamos musicalmente o conto grazas o traballo do profe de Música, aportamos ideas para mellorar a actuación e ensaiamos moito, moitísmo para regalarlles ós nosos compañeiros de Primaria...


Un conto feito co corazón e…unhas pingas de ilusión.

                Biblomosteiro

EXPERIMENTANDO

No noso centro temos a gran sorte de contar cun laboratorio moi ben dotado e uns compañeiros e compañeiras da ESO que sempre están dispostos a botarnos unha man cos experimentos.


Desta forma tan científica aprendemos un montón de cousas sobre a materia, as súas propiedades, as misturas homoxéneas e heteroxéneas, o magnetismo, a decantación...



Despois de cada experimento facíamos unha ficha para ir iniciándonos no pensamento científico, nas diferentes técnicas de laboratorio, no manexo dos instrumentos...



De maior quero ser... científico!

VISITA AO MUSEO E CIDADE MONUMENTAL DE PONTEVEDRA

Para rematar o Proxecto de Historia, decidimos visitar o Museo de Pontevedra. Alí vimos restos hitóricos e xoias moi antigas, do Paleolítico, do Neolítico, dos castrexos, dos romanos...
Tamén puidemos observar, a forma de vida, durante estes períodos históricos, a través de imaxes.

Fai clic para ver máis

Despois fixemos un percorrido pola cidade monumental. A pesares de que nos choveu un pouco, visitamos a Valle-Inclán, percorremos as emblemáticas prazas da Ferreiría, a da Leña, a da Verdura... A guía contounos a historia do pirata Benito, a do loro Rabachol...
E un montón de anécdotas sobre a historia de Pontevedra.




Pasámolo moi ben!




UNHA VIAXE POLA HISTORIA

Foi un trimestre de moita investigación, traballo e coñecementos novos, pero ao mesmo tempo, vivimos unhas experiencias únicas: admiramos os bisontes prehistóricos da cova de Altamira, “paseamos” pola muralla romana de Lugo, fomos cabaleiros e damas da Idade Media, navegamos na Santa María con Colón alá polo 1492, rastreamos a historia da escritura, desexamos ser científicos como Copérnico, Newton e Galileo... e inventores como Watt, Edison e Marconi.

Queredes ver o resultado da nosa viaxe?