EXPERIMENTANDO

No noso centro temos a gran sorte de contar cun laboratorio moi ben dotado e uns compañeiros e compañeiras da ESO que sempre están dispostos a botarnos unha man cos experimentos.


Desta forma tan científica aprendemos un montón de cousas sobre a materia, as súas propiedades, as misturas homoxéneas e heteroxéneas, o magnetismo, a decantación...



Despois de cada experimento facíamos unha ficha para ir iniciándonos no pensamento científico, nas diferentes técnicas de laboratorio, no manexo dos instrumentos...



De maior quero ser... científico!