Foi unha experiencia moi
positiva posto que todos colaboramos dalgunha maneira na posta en
escena: repartimos os personaxes despois de facer un casting,
acompañamos musicalmente o conto grazas o traballo do profe de
Música, aportamos ideas para mellorar a actuación e ensaiamos
moito, moitísmo para regalarlles ós nosos compañeiros de Primaria...
Dime y lo olvido. Enséñame y lo recuerdo. Involúcrame y lo aprendo. Benjamin Franklin
23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS
EXPERIMENTANDO
No noso centro temos a gran
sorte de contar cun laboratorio moi ben dotado e uns compañeiros e
compañeiras da ESO que sempre están dispostos a botarnos unha man
cos experimentos.
Desta forma tan científica aprendemos un montón de cousas sobre a materia, as súas propiedades, as misturas homoxéneas e heteroxéneas, o magnetismo, a decantación...
Despois de cada experimento facíamos unha ficha
para ir iniciándonos no pensamento científico, nas diferentes
técnicas de laboratorio, no manexo dos instrumentos...
De maior
quero ser... científico!
VISITA AO MUSEO E CIDADE MONUMENTAL DE PONTEVEDRA
Para rematar o Proxecto de Historia,
decidimos visitar o Museo de Pontevedra. Alí vimos restos hitóricos
e xoias moi antigas, do Paleolítico, do Neolítico, dos castrexos,
dos romanos...
Tamén puidemos observar, a forma de
vida, durante estes períodos históricos, a través de imaxes.
Despois fixemos un percorrido pola cidade monumental. A pesares de que nos choveu un pouco, visitamos a Valle-Inclán, percorremos as emblemáticas prazas da Ferreiría, a da Leña, a da Verdura... A guía contounos a historia do pirata Benito, a do loro Rabachol...
E un montón de anécdotas sobre a historia de Pontevedra.
E un montón de anécdotas sobre a historia de Pontevedra.
Pasámolo moi ben!
UNHA VIAXE POLA HISTORIA
Foi un trimestre de moita investigación, traballo e coñecementos novos, pero ao mesmo tempo, vivimos unhas experiencias únicas: admiramos os bisontes prehistóricos da cova de Altamira, “paseamos” pola muralla romana de Lugo, fomos cabaleiros e damas da Idade Media, navegamos na Santa María con Colón alá polo 1492, rastreamos a historia da escritura, desexamos ser científicos como Copérnico, Newton e Galileo... e inventores como Watt, Edison e Marconi.
Queredes ver o resultado da nosa viaxe?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)