A VIDA NUN POBOADO CASTREXO

Como era a vida nun poboado celta?
Don Mario, cando nos veu falar da historia de Meis, contounos que antes da chegada dos romanos, no monte Castrove vivian os celtas. Díxonos que eran moi pacíficos e que aínda hoxe se conservan restos do seu paso por aquí.

Imos investigar como vivían os celtas, como se organizaban, a que rendían culto, como eran os seus enterramentos.... e os vestixios históricos que nos deixaron en Meis.




E para saber máis mira estes vídeos...




PROXECTO: VIAXANDO A TRAVÉS DA HISTORIA

Comezamos un novo proxecto no que viaxaremos a través da Historia. Promete ser unha viaxe apaixonante na a ben seguro imos aprender moitas cousas.


A prehistoria comeza coa aparición do ser humano e remata coa aparición da escritura.


ONDE VIVO? A MIÑA LOCALIDADE

Durante o mes de xaneiro estivemos estudando a localidade. Situámonos xeográficamente, investigamos sobre a nosa historia, sobre as nosas tradicións e lendas; sobre as nosas festas...

Cada un de nós elaborou un dosier con toda a información recadada. 

Aquí podedes ver unha pequena mostra do noso traballo.


TALLER DE ESCRITURA CREATIVA

No "Taller de escritura creativa", creamos os nosos propios textos, intentando facelo con imaxinación e creatividade.

DESCRIBIMOS PERSONAXES

Partindo da lectura do libro "No corazón dos bosque" de Agustín Fernández Paz, onde o autor describe a DERDRÍN, un trasno que vivena fraga do Eume, creamos e describimos o noso propio trasno.




UN CUENTO HECHO DE CUENTOS

Neste traballo, collemos personaxes de contos diferentes e xuntámolos para crear o noso propio conto.



HISTORIA EN IMÁGENES

A partires de imaxes dadas, cada un de nós, creou unha historia.



ENTROIDO

Este ano disfrazámonos de Prehistóricos. Fixo un día estupendo no que primeiro dsifrutamos do desfile no patio e rematamos degustando orellas e chocolate. 

Foi un día moi divertido!




PROXECTO "ALIMENTACIÓN EQUILIBRADA"

Fai uns anos, o fotógrafo Peter Menzel decidiu viaxar polo mundo e fotografar 30 familias de 24 países de todo o mundo.

A idea era fotografar ás familias xunto coa comida que consumirían esa semana, ademais de tomar nota do gasto por cada unha das familias.

Sorprenden moito as diferencias entre uns países e outros.

Fixádevos nas fotos e nos alimentos,no número de persoas que ten cada familia e que produtos consomen.

Observade as fotografías detidamente...é moi interesante!