PROXECTO "ALIMENTACIÓN EQUILIBRADA"

Fai uns anos, o fotógrafo Peter Menzel decidiu viaxar polo mundo e fotografar 30 familias de 24 países de todo o mundo.

A idea era fotografar ás familias xunto coa comida que consumirían esa semana, ademais de tomar nota do gasto por cada unha das familias.

Sorprenden moito as diferencias entre uns países e outros.

Fixádevos nas fotos e nos alimentos,no número de persoas que ten cada familia e que produtos consomen.

Observade as fotografías detidamente...é moi interesante!