Elaboramos traballos sobre as súas características; clasificamos o reino animal; fixemos herbarios; saímos ao río a observar as árbores e as plantas; asistimos a unha actividade de pesca eléctrica; visionamos vídeos sobre o tema; lemos libros.... e moitas cousas máis.
O máis importante foi que o pasamos ben, e aprendemos moitísimas cousas!
Comezamos estudando as características dos seres vivos.
Continuamos clasificando o reino animal.
A continación estudamos as plantas.
Para elaborar todo isto tivemos que traballar un montón!
PROXECTO RÍOS
Despois de estudar as características das plantas e dos animais saímos a observalos en plena natureza. Percorremos o río Santo Tomé para observar as árbores e as plantas.
Recollemos follas e elaboramos un herbario.
Outro día fomos ao río Santomé, para asistir a unha actividade de "pesca eléctrica". Un equipo de Medio Ambiente colleron peixes no río, medímolos, pesámolos, observámolos...
Recollemos datos nunha táboa sobre os peixes.
Ata saímos no periódico!
Logo elaboramos textos expositivos sobre animais de río.
Actividades
para traballar |
|||||
Actividades
para completar |
|||||